Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Mañá remata o prazo de inscrición nas Aulas Abertas que se ofrecen durante o Nadal para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos

Mañá remata o prazo de inscrición nas Aulas Abertas que se ofrecen durante o Nadal para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos

  • Tema
    • Igualdade
Mércores, 18 de decembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, informa que mañá xoves 20 remata o prazo para inscribirse nas Aulas Abertas que están dentro da programación de actividades socioculturais para o Nadal e que teñen como obxectivo axudar a conciliar a vida familiar e laboral nesta época de vacacións para os máis pequenos da casa.

Os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos poden solicitar unha das 20 prazas que se ofrecen en cada un dos centros de Fingoi, Lamas de Prado, María Balteira, Milagrosa e Uxío Novoneyra para participar nas Aulas Abertas que terán lugar os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro en horario de 09:30 horas a 13.30 horas. O prezo será de 1 euro o día, e a inscrición poderá facerse ata mañá nos correspondentes Centros de Convivencia Municipais.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mana-remata-o-prazo-de-inscricion-nas-aulas-abertas-que-se-ofrecen-durante-o-nadal-para-nenos