Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Mañá martes 3 de xuño póñense á venda as entradas para o Circo Romano e Duelo de Deuses do Arde Lucus

Mañá martes 3 de xuño póñense á venda as entradas para o Circo Romano e Duelo de Deuses do Arde Lucus

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 02 de xuño de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá martes 3 de xuño estarán a venda as entradas para os actos do Arde Lucus, o Circo Romano e o espectáculo Duelo de Deuses, e que este ano presentan novidades. As entradas poderanse mercar a través da páxina web do Concello en http://entradas.lugo.es [1]

Como en anos anteriores, o prezo é de 2 euros por entrada. Este novo sistema de pago a través do servidor do Concello é segura e non ten ningún cargo engadido. O que se fai é introducir os datos da tarxeta a través da TPV de Novagaliciabanco  que automaticamente fai o ingreso na conta do Concello de Lugo.

Os espectáculos para os que se poñen en venda as entradas son:

Duelo de Deuses
Lugar: explanada pavillón municipal
Data: 13 de xuño
Hora: 00:00h
 
Circo romano
Lugar: explanada pavillón municipal
Data: 14 de xuño
Hora: 18:00h
 
Circo romano
Lugar: explanada pavillón municipal
Data: 15 de xuño
Hora: 18:00h


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mana-martes-3-de-xuno-ponense-venda-entradas-para-o-circo-romano-e-duelo-de-deuses-do-arde

Ligazóns:
[1] http://entradas.lugo.es