Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Mañá comezan as actividades de animación á lectura e contacontos na Biblioteca do Concello

Mañá comezan as actividades de animación á lectura e contacontos na Biblioteca do Concello

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 20 de febreiro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Biblioteca Municipal de Lugo pon en marcha mañá a súa programación de animación á lectura e contacontos, segundo informa a Concellería de Cultura.

A primeira destas actividades correrá a cargo de Caxoto que escenificará o “Conto para escoitar mentres bailamos un bals”. Será ás 19.00 horas.

A entrada é gratuíta pero é necesario retirar unha tarxeta de invitación, dadas as limitacións de espazo.

As invitacións xa están a disposición das persoas interesadas que as poden recoller na propia Biblioteca, en horario de tarde, dende as 16.30 horas e distribúense por estrita orde de chegada.

O máximo de tarxetas que se entregarán son dúas por persoa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mana-comezan-actividades-de-animacion-lectura-e-contacontos-na-biblioteca-do-concello