Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Mañá abrirase a inscrición na carreira popular nocturna do Arde Lucus e poranse á venda as entradas para o Harpastvm e o Circvs romano

Mañá abrirase a inscrición na carreira popular nocturna do Arde Lucus e poranse á venda as entradas para o Harpastvm e o Circvs romano

As inscricións para a carreira, que terá lugar o 30 de xuño polo adarve da Muralla, poderán realizarse gratuitamente ata o 26 de xuño a través da web www.ardelucus.com [1]

As entradas para o Harpastvm do 30 de xuño son gratuítas e ás do Circvs romano do 1 de xullo teñen un custo de 3 euros. Ambas poden adquirirse a través da web www.entradaslugo.es [2]

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística
Xoves, 15 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou este xoves de que mañá, 16 de xuño, se abrirá o prazo para inscribirse na carreira popular nocturna, que se celebrará o 30 de xuño, polo adarve da Muralla. Constará dunha volta e o camiño irá iluminado por fachos acesos que portarán membros das asociacións do Arde Lucus.

O límite de inscricións será de 200 persoas e a idade mínima para participar é de 16 anos, cumpridos o día da proba. Todas as persoas que desexen participar poderán inscribirse gratuitamente ata o 26 de xuño a través da páxina web www.ardelucus.com [1].

A proba comezará e rematará na praza de Pío XII, onde todas as persoas participantes están convocadas ás 22:00 horas, para comezar a carreira 15 minutos máis tarde.

Venda de entradas

As entradas para o Harpastvm, que terá lugar o 30 de xuño ás 23:00 horas, son gratuítas e para o Circvs romano, que se celebrará o 1 de xullo ás 18:00 horas, teñen un prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa. En ambos casos poderanse adquirir dende mañá a través da web www.entradaslugo.es [2]. Os dous eventos serán na explanada do Pavillón Municipal dos Deportes.

Máis información na web oficial destes festexos www.ardelucus.com [1]

Audios

  • Carmen Basadre  sobre a Carreira Arde Lucus | Descargar mp3 [3]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mana-abrirase-inscricion-na-carreira-popular-nocturna-do-arde-lucus-e-poranse-venda-entradas

Ligazóns:
[1] http://www.ardelucus.com
[2] http://www.entradaslugo.es
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/150617_carmenbasadre_carreiraardelucus.mp3