Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro reúnese coas comisións organizadoras das festas patronais das parroquias

Maite Ferreiro reúnese coas comisións organizadoras das festas patronais das parroquias

A área de Cultura garda 20.000 euros no seu orzamento para que as distintas parroquias e barrios poidan contar con agrupacións de diferentes estilos nas súas festas.

A edil de Cultura defendeu que o novo modelo, posto en marcha o ano pasado "amplia a oferta dispoñible para as festas, e permite unha mellor xestión do diñeiro público".

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Asociacións sociais,
    • Cultura e Turismo,
    • Música,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Sábado, 15 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro reúnese coas comisións organizadoras das festas patronais das parroquias

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, está a manter diversas xuntanzas con integrantes das comisións de festas das distintas parroquias de Lugo para comezar a traballar xa na colaboración da área de Cultura con estas actividades que se celebran ao longo de todo o ano. Ferreiro afirmou que os barrios contarán con grupos de música de todos os estilos. "Desde a área de Cultura encargarémonos de pagar a agrupación, facilitando achegar a cultura ás parroquías e a todos os barrios da cidade", afirmou  Maite Ferreiro, que engadiu "ampliarase a oferta de agrupacións dispoñibles e realizarase unha mellor xestión do diñeiro público".

A Área de Cultura, ten reservados 20.000 euros no seu orzamento para as festas das parroquias e dos barrios. As solicitudes deben ser feitas ante a Área de Cultura por integrantes das diferentes comisións ou asociacións que organicen as festas. A área de Cultura achegará de un grupo de música, tras a correspondente avaliación da solicitude, para as festas de cada unha das parroquias ou barrios.

O Goberno de Lugo apoia a todas as agrupacións musicais de Lugo, incluíndoa en todas as actividades culturais e organizando ciclos exclusivos para as agrupacións locais como o Muralleando.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-reunese-coas-comisions-organizadoras-das-festas-patronais-das-parroquias