Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro reclama aos gobernos da Xunta e do Estado "coordinación" no mantemento da sinalización turística nas estradas que comunican Lugo

Maite Ferreiro reclama aos gobernos da Xunta e do Estado "coordinación" no mantemento da sinalización turística nas estradas que comunican Lugo

Lugo conta con paneis turísticos nos principais accesos por estrada á cidade.

Ferreiro: "é preciso que todas as administracións implicadas traballemos de xeito coordinado para garantir que as persoas que nos visiten reciban unha boa imaxe ao chegar a Lugo".

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Xestión cultural,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Domingo, 04 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro reclama aos gobernos da Xunta e do Estado "coordinación" no mantemento da sinalización turística nas estradas que comunican Lugo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou que se dirixirá aos gobernos da Xunta e do Estado para garantir o correcto mantemento da sinalización turística nas estradas que comunican Lugo co resto da Galiza. Ferreiro destacou que o Goberno de Lugo traballa na promoción "dun turismo sostible e de calidade", e afirmou que “para mellorar a experiencia das persoas visitantes, precisamos tamén da implicación das outras administracións para garantir a boa imaxe de Lugo, tamén nos accesos á cidade".

Ferreiro afirmou que Lugo “é un destino turístico en crecemento, cunha oferta baseada na calidade, o patrimonio e a sustentabilidade". A edil lembrou que “a proximidade de Lugo co resto do territorio galego é un dos principais eixes de promoción da cidade, polo que resulta imprescindible contar cunha sinalización clara e ben conservada que favoreza a mobilidade e a experiencia das persoas que elixen Galiza como destino turístico”.

Ferreiro advertiu que “os sinais turísticos nas vías de acceso a Lugo están deteriorados, o que supón unha afección negativa á imaxe da cidade”, e aos executivos gobernos galego e estatal a “traballar da man para renovar, actualizar e manter en bo estado toda a sinalización turística, tanto nas estradas principais como nas secundarias”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-reclama-aos-gobernos-da-xunta-e-do-estado-coordinacion-no-mantemento-da