Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro presentou no día de hoxe as actividades teatrais do Ciclo Galego de Teatro Amador

Maite Ferreiro presentou no día de hoxe as actividades teatrais do Ciclo Galego de Teatro Amador

Consta de 4 representacións teatrais que se realizarán no auditorio Gustavo Freire durante o mes de setembro

As entradas terán un custo de 2€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Martes, 10 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presentou no día de hoxe as actividades teatrais do Ciclo Galego de Teatro Amador

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con Tareixa Campo e Antonio Sampaio, de Achádego Teatro, as actividades teatrais que se levarán a cabo en Lugo dentro do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e na que colabora o Concello de Lugo.

As actividades consistirán en catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de todo o país, que se levarán a cabo durante o mes de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire. As entradas terán un custo de 2€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación.

As representacións serán:

  • 15 de setembro: Andaravía Teatro (Vedra), adaptación con toques musicais da comedia romántica de Shakespeare
  • 22 de setembro: Tiruleque Teatro (O Carballiño), comedia con aguda crítica social na que os pobres triunfan sobre os ricos
  • 28 de setembro: Lohengrín Teatro (Vigo), contacontos musical para público familiar, unha peza interactiva para divertirse en familia
  • 29 de setembro: Achádego Teatro (Lugo), comedia que xoga cos medios de comunicación e o opinionismo instaurarado na sociedade actual

Audio

  • A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o Ciclo Galego de Teatro Amador | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-presentou-no-dia-de-hoxe-actividades-teatrais-do-ciclo-galego-de-teatro-amador

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/img_teatroamador.jpg