Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro presenta os datos turísticos da ponte do 25 de Xullo

Maite Ferreiro presenta os datos turísticos da ponte do 25 de Xullo

Lugo continúa a posicionarse como destino de primeira orde dentro do chamado "turismo de interior".

Máis de 1.500 persoas se achegaron ás distintas instalacións turísticas.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural,
    • Desenvolvemento local
Venres, 28 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta os datos turísticos da ponte do 25 de Xullo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os datos de turismo do que vai de mes de xullo deste ano 2023. Ferreiro explicou que os datos destes días evidencian que o traballo do Goberno de Lugo nestes anos posicionou a Lugo como un destino estratéxico á hora de visitar Galiza". Maite Ferreiro afirmou que "Lugo situouse en números moi similares aos de antes da pandemia, e desde o Goberno de Lugo seguiremos traballando para continuar a mellorar os datos e garantir a mellor atención ás persoas que nos visiten".

A Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo atendeu en total a 724 turistas durante eses dúas, destacando as procedentes do resto da provincia e de Galiza, con motivo da ponte do 25, e das principais zonas do estado, entre as que destacan Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Europa e América son os lugares dos que proceden maior número de turistas no eido internacional.

As salas museísticas municipais continúan a ser un gran atractivo turístico da cidade. Mentres que Porta Miñá e o Centro de Interpretación de San Roque rexistraron, en total, 209 visitas, o MIHL acolleu, durante a ponte, con 189 visitas. Pola súa banda, o Vello Cárcere sumou un total de 496, éxito que Maite Ferreiro vinculou ao traballo de difusión da instalación realizado pola área de Cultura, e á chegada de importantes exposicións como A intimidade da imaxe, de Anna Turbau.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre os visitantes na Ponte de Xullo | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-presenta-os-datos-turisticos-da-ponte-do-25-de-xullo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/230728_maite_ferreiro_visitantes_ponte_xullo.mp3