Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro presenta os concertos de Corizonas e Ángel Stanich, que se unen ao cartaz do San Froilán 2021

Maite Ferreiro presenta os concertos de Corizonas e Ángel Stanich, que se unen ao cartaz do San Froilán 2021

Os concertos terán lugar o venres 8 en Santa María e o domingo 10 na Horta do Seminario

Ángel Stanich chega a Lugo co seu novo traballo, “Una visión global bastante aproximada”, primeiro disco que publica desde o 2017

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Xestión cultural
Venres, 24 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta os concertos de Corizonas e Ángel Stanich, que se unen ao cartaz do San Froilán 2021

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua anunciou dous novos concertos que amplian as actividades confirmadas para o o San Froilán 2021. O venres 8, a praza de Santa María contará coa presenza de Corizonas, e Ángel Stanich virá á praza Horta do Seminario o domingo 10.

Corizonas nace da unión entre dúas bandas distintas, Arizona Baby e Los Coronas, cando realizaron unha xira conxunta titulada Dos Bandas y Un Destino, que en poucos meses se converteu nunha cita obrigada para as seguidoras do rock estatal. Este ano estrearon o terceiro álbum de estudo, Corizonas III, que se une aos dous EPs e 5 Sinxelos xa publicados. Corizonas é un dos grupos habituais no cartaz dos festivais máis relevantes no panorama do rock estatal, como o BBK Live ou o Sonorama.

  • https://corizonas.com [1]

O roqueiro Ángel Stanichn chega a Lugo co seu novo proxecto, “Una visión global bastante aproximada”, o primeiro disco que publica desde o ano 2017. Autodenomínase como “Lysergic Songwriter”, e posúe unha voz e un estilo moi particulares cantando e compoñendo cancións con referencias a uns Estados Unidos de estrada, áridos e cinematograficamente metafóricos.

  • https://www.angelstanich.com/ [2]

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre os concertos do San Froilán | Descargar mp3 [3]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-presenta-os-concertos-de-corizonas-e-angel-stanich-que-se-unen-ao-cartaz-do-san

Ligazóns:
[1] https://corizonas.com/
[2] https://www.angelstanich.com/
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210924_maite_ferreiro_san_froilan.mp3