Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro presenta o número 26 da revista Xistral

Maite Ferreiro presenta o número 26 da revista Xistral

O MIHL acolleu o acto de presentación que contou coa intervención do Coordinador Toño Núñez

101 poetas e 2 ilustradores dan forma a este tomo da revista lucense de creación poética

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 23 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta o número 26 da revista Xistral

A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, rpesentou o número 26 da revista lucense de creación poética "Xistral", celebrada hoxe no Vello Cárcere de Lugo. Xistral foi unha publicación poética luguesa froito do entusiasmo de xuventude dun aínda descoñecido Manuel María, que comezaba a publicar os seus primeiros poemas. No acto desta XXV Edición, participaron poetas, que "ofreceron un emotivo recital co que voltou a cita anual coa poesía galega, unha canle de difusión para os creadores e as creadoras lucenses e, tamén, un proxecto de referencia para todas as persoas con inquedanzas pola poesía", índicou Ferreiro.

A edición presentada hoxe conta con 101 textos poéticos de diversos autores, xunto con dúas ilustración. A publicación foi coordinada por Toño Núñez, e o consello de redacción contou coa participación de Marica Campo, Claudio Rodríguez Fer e Olga Novo, ademáis da Concelleira de Cultura. Ademáis de poesía, nesta edición de Xistral poden verse ilustracións de Jesús Alfonso Parada Jato e María José Rodríguez García.

O número 26 da Revista Xistral conta cos textos de: Carlos Abeledo Maristany, Yolanda Alcas, Xavier Álvarez-Blázquez Fernández, María José Alvite, Delfina Amoroso Abuín, Ana Arias Castro, Carlos Arias, Xesús Bermúdez Tellado, Carmen Blanco, Jose Blázquez, Dionisio Bran, Antón Cando, Xosé Manoel Casar (piteira), Luís Chapela Bermúdez (Luís da Roxa), Fernando da Serra, Luz Darriba, Tino de Féliz, Esther Díaz López, Lois Diéguez, Xosé Manuel do Castro, Luciano do Monfadal, Domus Áurea, Beatriz Dourado, Aleksandr Dziuba, Manuel Eiza, José Estévez López, Mª Sara Fernández, Fernando Juan (Cone), Adela Figueroa Panisse (Curra), Manuel Formoso, Antom Fortes Torres, Ana Mar Fraga Rábade, Teresa G. Senra, Paloma García Méndez, Antonio García Teijeiro, María García, Xosé Lois García, Chelo Gayoso Díaz, Ana Belén Gómez Roca, Xesús Pablo González Moreiras, Antón Grande, Dolores guerrero, Mero Iglesias, Jonathan Jorge Guille, Antom Laia, Paco Ledo, A. Lois, Lomarto, Sui Lóng Xue Bào, Suso López, Magadán, Begoña Martín Acero, Emilia Martínez Fuertes, Martiño Maseda, Sonia Melón, Eva Méndez do Roxo, Amalia Méndez Lombao, Paulo Naseiro, Manuel Xosé Neira, Nieves Neira, Xoán Neira, Toño Núñez, Xaime Oroza, Xosé Otero Canto, David Otero, Jesús Alfonso Parada Jato, Conchita Paz Montenegro, Luísa Paz Montenegro, José Pedreira, Vicente Piñeiro, XoXé Pompei, Xerardo Quintiá, Rafa Ramos, Antonio José Francisco Rey, Pedro Rielo, Carmen Rivero Gallego, Claudio Rodríguez Fer, Benito Eladio Rodríguez Fernández, María José Rodríguez Losada, Margarita Rodríguez Otero, Concha Rodríguez, Simón Rodríguez, Quique Roxíos, Ruth Santiso, Eva Teixeiro, José Torres, Xesús Trashorras, José Carlos Ulloa García, Charo Valcárcel, Andrea Valle, Elena Varela Vázquez, Xose Luís Vázquez Somoza, Manuel Vázquez, Sara Veiga, Elvira Veloso, José Vieira, Helena Villar Janeiro, Branca Villar, Carmen Espiño, X. m. XESPI.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-presenta-o-numero-26-da-revista-xistral