Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro presenta o ciclo Reencontros Musicais Facela, co que colaboran as áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo

Maite Ferreiro presenta o ciclo Reencontros Musicais Facela, co que colaboran as áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo

“Decidimos apostar por un ciclo de concertos de carácter máis sinxelos en apariencia, pero mantendo a selección musical do Facela”, afirmou a edil de Cultura

Os concertos serán de asistencia gratuíta e a entrada poderá retirarse na Oficina Municipal de Turismo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Ensino de linguas
Sábado, 15 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta o ciclo Reencontros Musicais Facela, co que colaboran as áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e deputada de Cultura, Maite Ferreiro, presentou o ciclo de concertos Reencontros Musicais Facela, “un ciclo de concertos gratuítos, sen grandes nomes, nos que se poidan manter todas as medidas sanitarias vixentes, máis coma sempre traendo a Lugo apostas de calidade, e variadas, axudando a conformar unha aposta cultural innovadora e diversa para todas e todos”, destacou Maite Ferreiro.

“Malia que tanto desde a área de Cultura do Concello coma da Deputación seguiamos dispostas a colaborar con este festival xa consolidado no tempo, a organización decidiu anulalo pola situación de emerxencia sanitaria que estamos a atravesar”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “esta edición especial contará con dous concertos, o 28 e o 29 de agosto, que manterán viva a esencia do Facela evitando grandes concentracións de xente”.

O primeiro concerto dos Reencontros Musicais Facela terá lugar o venres 28 a partir das 20:30, con Gancho Sanches e Ian Kay no exterior da Deputación de Lugo. O sábado 29, Pauline en la Playa e Bigott situaranse no exterior do Palacio Municipal dos Deportes a partir das 20:30. As entradas serán gratuítas, máis deberán retirarse con antelación na Oficina Municipal de Turismo, cun máximo de dúas por persoa.

Gancho Sanches

Tal e coma sempre formou parte do  Fa Ce La Fest, xermolo deste ciclo de concertos, a aposta polas bandas galegas [1], este ciclo contará coa banda de Psych-Folk Chantadina Gancho Sanches, que demostrarán unha vez máis co seu directo que o galego se adapta de forma marabillosa a calquera estilo de música.

Ian Kay

Chegará coa súa banda para presentarnos en "Walk that road again" producido e gravado en Los Ángeles. Música que nos fala de historias de amor persoal, a través da angustia, despertares groseiros e outras relacións disfuncionais. Historias punkish e as veces provocativas.

Pauline en la Playa

É un grupo de música pop [2] asturiano [3] composto polas irmás Mar e Alicia Álvarez, que toma o nome do filme francés Pauline na praia [4] (Éric Rohmer [5], 1983). Un concerto moi especial, dun grupo que non se prodiga moito nas súas actuacións en directo.

Bigott

O artista zaragozano presentará en Lugo o seu derradeiro disco “This is all wrong”(2020), publicado xusto antes da crise sanitaria; disco preciosista e atemporal que nada entre o twee pop e o folk.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-presenta-o-ciclo-reencontros-musicais-facela-co-que-colaboran-areas-de-cultura

Ligazóns:
[1] https://www.facebook.com/events/734567626954156/?acontext=%7B%22source%22%3A3%2C%22source_newsfeed_story_type%22%3A%22regular%22%2C%22action_history%22%3A%22%5B%7B%5C%22surface%5C%22%3A%5C%22newsfeed%5C%22%2C%5C%22mechanism%5C%22%3A%5C%22feed_story%5C%22%2C%5C%22extra_data%5C%22%3A%5B%5D%7D%5D%22%2C%22has_source%22%3Atrue%7D&source=3&source_newsfeed_story_type=regular&action_history=%5B%7B%22surface%22%3A%22newsfeed%22%2C%22mechanism%22%3A%22feed_story%22%2C%22extra_data%22%3A%5B%5D%7D%5D&has_source=1&__tn__=
[2] https://gl.wikipedia.org/wiki/M%C3%BAsica_pop
[3] https://gl.wikipedia.org/wiki/Principado_de_Asturias
[4] https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pauline_na_praia&action=edit&redlink=1
[5] https://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%89ric_Rohmer