Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro presenta o ciclo de visitas escolares ao Vello Cárcere Un edificio con boa Memoria

Maite Ferreiro presenta o ciclo de visitas escolares ao Vello Cárcere Un edificio con boa Memoria

A programación, dirixida aos ciclos de Educación Primaria, ofertarase ata o mes de xuño de 2022, coincidindo co remate do período lectivo.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Domingo, 20 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta o ciclo de visitas escolares ao Vello Cárcere Un edificio con boa Memoria

A concelleira de Cultura, turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o ciclo de Programación Escolar do Centro Sociocultural O Vello Cárcere. Baixo o título Un edificio con boa memoria, a área de Cultura achegará o Vello Cárcere a todos os centros de ensino de Galiza “cunha visita guiada ao centro que contará con diversas actividades para facilitar a actividade formativa”, explicou Maite Ferreiro

Baixo o título ‘Un edificio con boa Memoria’, o novo Programa de Visitas escolares pretende achegar, de xeito dinámico e divertido, a Historia e o Patrimonio Cultural de O Vello Cárcere aos centros de ensino de toda Galiza. “Trátase dunha proposta proxectada polo Espazo Didáctico do Centro, que abrangue as orixes do cárcere no século XIX a través dunha visita guiada acompañada de diferentes actividades adaptadas aos distintos ciclos de Primaria”, afirmou a Concelleira de Cultura.

Os centros educativos interesados poderán reservar a súa visita contactando co Centro por teléfono ou por correo electrónico.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-presenta-o-ciclo-de-visitas-escolares-ao-vello-carcere-un-edificio-con-boa