Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro presenta as actividades do Samaín 2020, “que organizamos pensando na seguridade das persoas asistentes”

Maite Ferreiro presenta as actividades do Samaín 2020, “que organizamos pensando na seguridade das persoas asistentes”

6 actividades seguras terán lugar no MIHL, no Vello Cárcere e polas rúas do centro

A proposta inclúe un concurso de decoración de escaparates “para colaborar coa recuperación do comercio local”

  • Tema
    • COVID-19,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Sábado, 24 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta as actividades do Samaín 2020,  “que organizamos pensando na seguridade das persoas asistentes”

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades do Samaín 2020, que incluirá un total de 6 actividades que, segundo declarou Maite Ferreiro, “organizamos seguindo coa cultura segura, pensando na seguridade de todas as persoas asistentes”.  Ferreiro afirmou que “desde a área de Cultura mantemos a nosa aposta pola cultura segura e por reactivar o tecido cultural local”, e engadiu “tamén incluímos accións destinadas a colaborar coa recuperación do comercio local”.

O Vello Cárcere e o MIHL acollerán obradoiros para nenos e nenas, mentres as rúas da cidade acollerán tamén actividades seguras para toda a familia. O Vello Cárcere acollerá os obradoiros lúdicos SAMAÍNeANDO no Vello Cárcere: aprende e xoga no Samaín, con grupos de distintas idades durante todo o día 31 de outubro. Entre as 11:00 e as 12:00 terá lugar o obradoiro para nenas e nenos de 8 a 12 anos, de 11:30 a 12:30 para nenas e nenos de 3 a 5 anos e de 17:45 a 18:45 para nenas e nenas de 6 a 8 anos. A inscrición terá que realizarse por adiantado no teléfono 982297195. O MIHL organiza obradoiros para nenas e nenos de 4 a 12 anos. O sábado 31 entre as 17 e as 19 horas realizaranse máscaras terroríficas e o domingo 1 á mesma hora exploraranse as cores do Samaín. A inscrición terá que realizarse por adiantado no teléfono 982297446. 

A Santa Compaña pasará polas rúas de Lugo o venres 30 e o sábado 31 polo recinto histórico, entre as 20 e as 21:30, e a Canella do Hospital acollerá un túnel do terror para público familiar o venres 30 e o sábado 31 entre as 18 e as 21 horas.

A área de Cultura organiza tamén un Concurso de Disfraces e de Escaparates, cuxas bases se poden consultar na web do concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-presenta-actividades-do-samain-2020-que-organizamos-pensando-na-seguridade-das