Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a nova exposición Mil cores: 10 anos de arte

Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a nova exposición Mil cores: 10 anos de arte

A exposición é un traballo colectivo para conmemorar os 10 anos de Mil cores, un colectivo artístico creado na cidade de Lugo.

Maite Ferreiro resaltou“a importancia que teñen os colectivos de Lugo á hora de seguir creando artistas locais”.

A mostra estará aberta ao público dende o 24 de novembro ao 6 de xaneiro.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Sábado, 25 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a nova exposición Mil cores: 10 anos de arte

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, asistiu á inauguración da nova exposición que acollerá O Vello Cárcere ata o 6 de xaneiro. A mostra Mil cores é un traballo colectivo para conmemorar os 10 anos do colectivo artístico e social formado na cidade de Lugo e que celebra o seu 10º aniversario.

Na exposición, artistas das máis diversas idades e estilos xúntanse baixo o paraugas de Mil Cores para expresar a súa visión plástica e social, e intercambiar puntos de vista e experiencias enriquecedoras. A mostra está adicada a María del Mar García Piñeiro, compañeira e artista do colectivo, e conta con traballos de 150 autores e autoras con obras de diferentes técnicas: fotografía, óleo, acrílico, lapis, acuarela, tinta, impresión dixital, rotulador, carboncillo ou pastel.

“O que reflicte esta exposición non é nin máis nin menos que a sensibilidade de cada unha das persoas que formaron e forman parte do colectivo durante estes primeiros 10 anos de existencia”, explicou Maite Ferreiro, que quixo resaltar “a importancia que teñen os colectivos de Lugo á hora de seguir creando artistas locais”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-inaugura-no-vello-carcere-nova-exposicion-mil-cores-10-anos-de-arte