Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro inaugura no MIHL a exposición Non despaletizar ata destino, de Kutxyllo, Noemí Núñez, Pía Piadosa e Yoe33

Maite Ferreiro inaugura no MIHL a exposición Non despaletizar ata destino, de Kutxyllo, Noemí Núñez, Pía Piadosa e Yoe33

Poderá visitarse na Sala de Exposicións Temporais do MIHL entre o 12 de marzo e o 11 de xuño

Trátase dunha unión de distintas artistas plásticas de Lugo compartindo espazo de creación

  • Tema
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Domingo, 14 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro inaugura no MIHL a exposición Non despaletizar ata destino, de Kutxyllo, Noemí Núñez, Pía Piadosa e Yoe33

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou na ina inauguración da exposición Non despaletizar ata destino, organizada polas artistas plásticas locais Kutxyllo, Noemí Núñez, Pia Piadosa e Yoe33, e que conta coa instalación multimedia de Robocity e Caskabel, integrantes do Colectivo Ruído.

O proxecto xorde da unión formada polas diferentes artistas plásticas que traballan distintas técnicas, formatos e estilos, coma o graffiti, a pintura e a ilustración entre outros. Para este proxecto, compartiron un mesmo espazo de creación, unindo os seus estilos para conseguir a creación a gran escala dunha obra conxunta conmposta por fragmentos de obras independentes realizadas expresamente para o MIHL.

As artistas utilizaron na medida do posíbel material desbotados para a realización desta exposición, intentando non xerar novos residuos. A iniciativa nace da necesidade das artistas de crear sen que a escaseza de recursos materiais as limite e á súa vez tomar presenza nos espazos expositivos da cidade. A exposición poderá visitarse no MIHL entre o 12 de marzo e o 11 de xuño.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-inaugura-no-mihl-exposicion-non-despaletizar-ata-destino-de-kutxyllo-noemi