Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro e Iván Mouronte presentan o cartaz do San Froilán 2025

Maite Ferreiro e Iván Mouronte presentan o cartaz do San Froilán 2025

A obra de Iván Mouronte combina tradición, música e festa nunha celebración que ilumina o outono en Lugo con ollada tamén cara ao futuro.

A Tenencia de Alcaldía colaborou coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración para a elaboración do cartaz do San Froilán.

Ferreiro anunciou que o pregón será o 4 de outubro ás 12 da mañá "para dar comezo ás festas xa na mañá do sábado".

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Martes, 16 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro e Iván Mouronte presentan o cartaz do San Froilán 2025

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o cartaz do San Froilán 2025, elaborado polo artista lucense Iván Mouronte. Ferreiro destacou a importancia do cartaz das festas deste ano "elaborado por primeira vez por un veciño de Lugo profesional da ilustración, grazas á colaboración da Tenencia de Alcaldía coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración". A edil de Cultura anunciou que o pregón será o 4 de outubro ás 12 da mañá "para dar comezo ás festas xa na mañá do sábado" e dixo que nos vindeiros días "publicaremos o programa das festas".

Maite Ferreiro explicou que "seguimos a traballar na profesionalización das festas máis importantes de Lugo, facendo que a partir de agora, cada ano unha lucense profesional da ilustración elabora o cartaz das festas". Ferreiro afirmou que "estamos vendo como moitas festas que seguían o modelo de concurso están a ter que modificar os carteis debido ao uso de ferramentas como a Intelixencia Artificial", e engadiu "con esta medida queremos promocionar o traballo das profesionais da ilustración de Lugo, dando a súa propia visión ás nosas festas".

A concelleira de Cultura agradeceu a Iván Mouronte o traballo realizado e afirmou que "é un orgullo que sexan as e os artistas de Lugo as que den imaxe ás nosas festas máis importantes, a gran festa do outono galego".

Iván Mouronte destacou que a súa obra conta con algúns dos protagonistas das festas literalmente enriba do escenario, mentres que os outros protagonistas somos os que desfrutamos delas: músicos, polbo, churros, artesanía ou atraccións forman xa parte da tradición, pero hai tamén unha certa mirada que vai máis aló, posta no futuro.

Outono e á tardiña, nesa hora máxica que permite desfrutar das festas á luz do día e á luz da noite, ás luces da noite. Ás moitas luces que lle dan vida ó San Froilán: as colocadas pola cidade, as das barracas e atraccións mailas dos concertos. E música, o San Froilán tamén é moita música. Moitas músicas, tradicionais e contemporáneas.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o cartaz do San Froilán 2025 | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-e-ivan-mouronte-presentan-o-cartaz-do-san-froilan-2025

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20250916_maite_ferreiro_cartaz_san_froilan_2025.mp3