Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro e Felipe Rivas visitan as instalacións da Escola de Ensino Galego Semente, en Barbaín

Maite Ferreiro e Felipe Rivas visitan as instalacións da Escola de Ensino Galego Semente, en Barbaín

A concelleira de Cultura e o edil de Educación coñeceron de primeira man as bases deste proxecto educativo

Felipe Rivas: “abrimos unha nova vía para traballar da man cos proxectos educativos alternativos de Lugo”

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública,
    • Formación
Martes, 18 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro e Felipe Rivas visitan as instalacións da Escola de Ensino Galego Semente, en Barbaín

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co edil de Educación, Felipe Rivas, visitaron as instalacións da Escola de Ensino Galego Semente, en Barbaín. A concelleira de Cultura e o edil de Educación coñeceron de primeira man as bases deste proxecto educativo, baseado na conservación da lingua galega e nunha pedagoxía transformadora que entende a escola como unha parte integrante da sociedade, garantindo un proceso de aprendizaxe democrático.

Felipe Rivas explicou que “desde o Goberno de Lugo queremos abrir unha nova vía e traballar da man con todos os proxectos educativos alternativos que teñen presenza en Lugo”, e engadiu “nesta visita puidemos escoitar as propostas e necesidades de Nenea, que nos servirán para desenvolver a planificación do traballo da concellería de Educación”.

Escola de Ensino Galego Semente Lugo

A Escola de Ensino Galego Semente ubícase na antiga escola unitaria de Barbaín. A escola de Lugo, integrada nunha rede de 5 escolas repartidas por todo o territorio galego, aposta pola lingua galega como parte indisolúbel da nosa cultura.

Trátase dun espazo cunha pedagoxía transformadora, activa e inserida no medio nautral, social e cultural propio do ámbito rural lucense. Os fins do proxecto educativo son a coeducación, o asemblearismo e a integración coa natureza.

Audio

  • O edil de Educación, Felipe Rivas, sobre a visita a Escola de Ensino Galego Semente | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-e-felipe-rivas-visitan-instalacions-da-escola-de-ensino-galego-semente-en

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/220118_felipe_rivas_visita_semente.mp3