Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro destaca o “importante peso” da cultura tradicional galega na programación do San Froilán 2023

Maite Ferreiro destaca o “importante peso” da cultura tradicional galega na programación do San Froilán 2023

A gran festa do outono galego contará novamente con actividades como o Festival de Música Tradicional, a Verbena Galega D'antes, a Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas ou o Cultura e Tradición no Camiño.

Maite Ferreiro presentou as actividades xunto con integrantes das distintas asociacións culturais implicadas no San Froilán.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • Desenvolvemento social
Venres, 08 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro destaca o “importante peso” da  cultura tradicional galega na programación do San Froilán 2023

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades relacionadas coa cultura tradicional galega organizadas dentro do San Froilán 2023. Maite Ferreiro afirmou que "a cultura tradicional galega é protagonista un ano máis da gran festa do outono galego cunha gran selección de actividades de calidade para achegar a toda a veciñanza as distintas expresións culturais que se continúan a manter e recuperar nos nosos días".

Maite Ferreiro presentou, xunto con integrantes das distintas asociacións culturais implicadas no programa do San Froilán, entre as que se atopaban Cántigas e Frores, responsábeis do XXI Festival de Música Tradicional; a asociación Oxeito, organizadores da Verbena Galega D'antes; ou a Asociación de Gaiteiros Galegos, que organiza a XXV Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, que animará as rúas do casco histórico con máis dunha ducia de agrupacións tradicionais.

Ferreiro destacou que a cultura tradicional galega conta, como cada ano, cun “importante peso” na programación das festas. “Como administración, é o noso deber traballar na conservación e promoción dos nosos elementos culturais máis relevantes”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-destaca-o-importante-peso-da-cultura-tradicional-galega-na-programacion-do-san