Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro desprázase a Madrid para asistir á feira de turismo Fitur

Maite Ferreiro desprázase a Madrid para asistir á feira de turismo Fitur

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Xoves, 23 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro desprázase a Madrid para asistir á feira de turismo Fitur

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, desprazouse no día de hoxe a Madrid para visitar a Feira Internacional de Turismo FITUR. Durante o día de hoxe, Maite Ferreiro visitará os stands da feira e asistirá á presentación da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, que dará a coñecer a nova guía turístico-gastronómica da provincia titulada Lugo, moito por descubrir.

Durante a mañá deste xoves terá lugar a presentación do Concello de Lugo, que acode á feira para promocionar dúas campañas: Lugo Km 100, coa que se quere poñer en valor a cidade e os diferentes Camiños de Santiago que discorren polo termo municipal, onde se proxectará o vídeo editado pola área de Turismo para promocionar o Camiño. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto coa concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, presentarán a festa de recreación histórica Arde Lucus.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-desprazase-madrid-para-asistir-feira-de-turismo-fitur