Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro asiste ao coloquio sobre os videoclips nominados aos XXIV Premios Mestre Mateo

Maite Ferreiro asiste ao coloquio sobre os videoclips nominados aos XXIV Premios Mestre Mateo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Xoves, 12 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro asiste ao coloquio sobre os videoclips nominados aos XXIV Premios Mestre Mateo

Maite Ferreiro asistiu ao coloquio sobre os videoclips nominados aos XXIV Premios Mestre Mateo, celebrado no Salón de Actos da Deputación de Lugo. Un encontro no que participaron artistas e profesionais do audiovisual para conversar sobre o proceso creativo e a produción destas pezas.

Ferreiro destacou que “o audiovisual galego vive un momento de grande creatividade e recoñecemento, e iniciativas como esta permiten achegar ao público o traballo que hai detrás de cada proxecto e dar visibilidade ao talento do país”. A concelleira de Cultura sinalou tamén a importancia de “seguir apoiando espazos de encontro entre creadoras, creadores e público para fortalecer o sector cultural galego”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-asiste-ao-coloquio-sobre-os-videoclips-nominados-aos-xxiv-premios-mestre-mateo