Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro anuncia o inicio da entrega dos vales da concellería de Educación para libros de texto e material escolar

Maite Ferreiro anuncia o inicio da entrega dos vales da concellería de Educación para libros de texto e material escolar

Ferreiro: "entregamos 40.000€ en vales de 100€ para que todas as familias poidan ter acceso ao material necesario para a escolarización das e dos nenos".

As concellería de educación comezou hoxe coa entrega dos vales ás familias.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Subvencións municipais
Martes, 24 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro anuncia o inicio da entrega dos vales da concellería de Educación para libros de texto e material escolar

Maite Ferreiro, concelleira responsábel de Educación, anunciou que vén de iniciarse a entrega dos vales da Concellería de Educación destinados a libros de texto e material escolar.

"Continuamos co noso obxectivo de ter listo este procedemento co inicio do curso escolar escolar", declarou Ferreiro, que engadiu "desde a concellería de Educación esforzámonos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos".

A concellería de Educación entregará 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a esta liña de axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 85% do IPREM. En total, a concellería de Educación atendeu a 723 solicitudes para estas axudas.

As listaxes definitivas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, e a recollida de vales realizarase nas oficinas de Educación no Centro Uxío Novoneyra.

Audio

  • A concelleira de Educación, Maite Ferreiro, sobre as axudas dos libros de texto | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-anuncia-o-inicio-da-entrega-dos-vales-da-concelleria-de-educacion-para-libros

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/240924_maite_ferreiro_axudas_libros_de_texto.mp3