Maite Ferreiro anuncia nova programación cultural para o Auditorio Fuxan os Ventos e o MIHL
5 novas actividades formarán parte da programación cultural entre o 6 e o 28 de decembro.
O Fuxan os Ventos acollerá El Barbero de Picasso, con Pepe Viyuela e Mar Calvo, e ao MIHL chegará unha producción froito dunha investigación realizada en Hong Kong, Australia e Europa.
- Tema
- Benestar social,
- Animación sociocultural,
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural,
- Música,
- Xestión cultural

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou 5 novas actividades culturais que terán lugar no Auditorio Fuxan os Ventos e no MIHL entre o 6 e o 28 de decembro. Ferreiro afirmou que "traemos espectáculos de calidade, como a obra El Barbero de Picasso, que conta coa participación de Pepe Viyuela, e un espectáculo que xorde froito dunha investigación artística realizada en Hong Kong, Europa e Australia".
Ferreiro afirmou que a nova programación conta con "actividades variadas e de calidade", con teatro, música e circo, e que buscan facer dos espazos culturais de Lugo "espazos de encontro para toda a veciñanza, cunha oferta diversa que combina tradición, talento galego e nomes de referencia galega, estatal e internacional".
A programación anunciada conta co teatro multimedia da compañía MBow LTD, que conta co finaciamento do goberno de Hong Kong, e trae a Lugo unha representación novidosa froito dunha investigación internacional da agrupación Fronte Vacuo. Ademais de El Barbero de Picasso, o Fuxan os Ventos contará con Ugia Pedreira, o circo de Reinventio, ou o último espectáculo de Abraham Cupeiro, completando "unha programación de alta calidade para que toda a veciñanza de Lugo atope algo que facer no mes de decembro".
TEATRO MULTIMEDIA: “7O∆R” de MBow LTD (Hong Kong S.A.R.) coa participación de Fronte Vacuo
MIHL. Caixa Negra.
6 de decembro. 18:30h e 20:30h.
“7O∆R” de MBow LTD (Hong Kong S.A.R.) coa participación de Fronte Vacuo
Entradas gratuítas en entradaslugo.es [1]
Sinopse:
7O∆R forma parte da serie internacional MetaMaps, un programa de investigación e creación dirixido por Roberto Alonso Trillo e Peter A. C. Nelson. O proxecto xorde da práctica do mapeo multimodal, a tradución de datos entre disciplinas performativas, e funciona como un laboratorio de intercambio entre artistas e tecnoloxías.
A través do concepto central de apofenia, a tendencia humana a identificar patróns e conexións en información aleatoria ou caótica, mesmo cando non existen relacións reais. 7O∆R explora as relacións entre ruído, sinal, percepción, linguaxe e intelixencia artificial, investigando como estes sistemas se entrelazan na creación de sentido e na aparición de friccións apofénicas como forma de coñecemento. A obra propón unha reflexión sobre a necesidade de atopar significado en sistemas opacos e sobre o papel da interpretación como mecanismo de supervivencia cognitiva.
Resultado de dous anos de traballo entre Hong Kong, Australia e Europa, 7O∆R reúne unha constelación internacional de artistas multimedia que colaboran a través de procesos híbridos de investigación e performance, examinando a relación entre humanos, máquinas e ruído como materia prima da percepción contemporánea.
Dirección Artística: Roberto Alonso Trillo e Peter A C Nelson.
Artistas
Taurin Barrera (artista audivisual, dirección escénica)
Joseph Chan (artista kinético)
Marco Donnarumma - Fronte Vacuo (intérprete, coreografía, dramaturgia)
Xoán-Xil López (artista sonoro)
Samuel Swope (escultor aéreo)
Margherita Pevere - Fronte Vacuo (intérprete, coreografía, diseño de vestuario)
Trécola (intérpretes)
Davor Vincze (composición musical)
Karen Yu (intérprete)
Dirección de Producción; Jiafan Weng. Asistente de Diseño de Vestuario; Brianna Lau Wing Yi. Diseño Visual; NovaGarda. Producción Audiovisual; Verve Creative. Producción Artística; Escóltame.
Colaboradores:
Vertixe Sonora
Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo
Museo Interactivo da Historia de Lugo
Financiado por: Arts Capacity Development Funding Écheme e HKSAR Government.
TEATRO: “EL BARBERO DE PICASSO”
Auditorio Fuxan os Ventos. Sala Grande.
7 de decembro ás 20.30h.
“El barbero de Picasso” de Borja Ortíz de Gondra.
Una Producción de Teatro Español y Amor al teatro.
Entradas: entradaslugo.es [1]
Prezo 5€
Sinopse:
Picasso y el Barbero, dentro de este microcosmos, son unos españoles que sienten
nostalgia de una patria que ya no existe ni existirá. Una patria que construyen en sus
discusiones y costumbres. En sus peleas sobre si un torero es mejor o peor o si una cabra
es el regalo adecuado al genio de Picasso o alguien intenta reírse de él.
Un lugar, y un tiempo, donde ser comunista es aún una posibilidad.
Esa barbería es un mundo lleno de pasiones y contradicciones que sólo existe entre esas
tijeras y brochas.
Reparto:
Eugenio Arias: Antonio Molero
Pablo Picasso: Pepe Viyuela
Jacqueline Roque: Mar Calvo
Valdés: José Ramón Iglesias
Duración: 90 min.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
MÚSICA: UGIA PEDREIRA PRESENTA "BASAL"
Auditorio Fuxan os Ventos. Sala Pequena.
19 de decembro ás 20.30h.
Entradas: entradaslugo.es [1], prezo 5€
Sinopse:
O amor pola sonoridade e o significado das palabras que caracterizan a obra de Ugia Pedreira sustentan o seu novo traballo, o segundo en solitario despois de Segmento Cantábrico (2021), publicado en xuño do 2024. Unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa.
Basal son nove cancións netretecidas pola narrativa visual e cotiá da artista no seu hábitat actual, a súa casa natal na Mariña, na procura do básico e orixinario. Unha viaxe polas diferentes Pedreiras, dende a Ugia mai ata a nena cantautora con guitarra e voz, que subiu por primeira vez a un escenario con 14 anos.
Basal é unha fusión de estilos diversos, pintando a música galega desde o magma da composición con temática filosófica, política, persoal, social... A Pedreira ten a capacidade de escribir versos implacables de enorme certezaa ou de escoller poemas suntuosos para musica. Pasea polas creacións melódicas que se revisten da expresividade da lingua galego-portuguesa.
As cancións que compoñen este novo traballo van desde unha paixón arrebatada a unha tenrura que calma, a berrar conscientemente a dor e analizala, a facerse amigos do medo. Son para bailar, rir, chorar e pasear nun mapa emocional excelentemente trazado.
Estamos diante dunha carga educacional intrínseca sobre a saúde individual e colectiva a través da arte, sobre como a música repercute no cerebro e se somatiza no corpo-casa. Converte unha conversa de WhatsApp en canción para nadar entre os tópicos do amor, vai a unha devoción real polo Mar que é constante na súa obra, emprega xogos de palabras domésticas, a propia voz da súa nai Isabel, que ten un don para o cantar, ou a voz da súa filla Lúa improvisando nun momento íntimo.
Unha viaxe interior confesional centrada na súa liña xenealóxica feminina, nunha paleta rítmica amplísima tanto de instrumentos orgánicos como electrónicos.
CIRCO: REINVENTIO
Auditorio Fuxan os Ventos. Sala Grande.
27 de decembro ás 18.00h e ás 20.30h.
“REINVENTIO”.
Entradas: ataquilla.com [2]
Sinopse:
Reinventio é un espectáculo familiar de gran formato, no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses.
Ilusionismo, levitacións, acrobacias, equilibrios, malabares, números aéreos, treboadas de neve e torres de vento, pezas interactivas, videoproxeccións, animación audiovisual, simbolismo celta e barroco compostelán, traxes futuristas, humor, drama, comedia, maxia, danza…
Un espectáculo que redefine os límites do imaxinario colectivo, fusionando tradición e modernidade nunha experiencia revolucionaria e multisensorial.
Duración: 90 min.
Idade recomendada: A partir dos 6 anos.
MÚSICA: “RESOANDO NO PASADO” DE ABRAHAM CUPEIRO
Auditorio Fuxan os Ventos. Sala Grande.
28 de decembro ás 18.00h e ás 20.30h.
“RESOANDO NO PASADO” DE ABRAHAM CUPEIRO.
Entradas: ataquilla.com [2]
Sinopse:
Resoando no Pasado é uhna colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto -monólogo no que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través dos sons dos instrumentos de vento.
Este proxecto, xurde da inquietude de Abraham por coñecer e recuperar instrumentos de todas as épocas e lugares.
Alguns deles, contruíunos o propio Abraham:
Karnix: Basouse nunha moeda romana e dista do que se atopou en Tintignac tan só 3 cm.
Cornu, foi construído sobre uns planos dun exemplar achado en Pompeia e cuia sonoridade é sorprendente.
Trompeta natural: Foi o primeiro instrumento que fixo, cas técnicas do século XVII.
E outros foinos adquirindo ao longo dos anos nas súas viaxes , como por exemplo: Rag Dung, Gaida, Shofar,Chalumeaux, Toba,Schalmei,Zurna,.....
Resoando no Pasado vio a luz no 2006 e dende entón máis de 40000 persoas puideron desfrutar deste concerto, onde Abraham toca máis de 100 instrumentos ao longo do espectáculo.
Dende unha pequena frauta de óso( 46000 a.c) ata un gran gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas.
Ao longo do concerto, todos eles resoan de novo e dan lugar a interesantes anécdotas, de xeito que nos achegan á parte máis humana dos instrumentos musicais.
Pedagóxico ,ameno, e sobre todo, cheo de emoción Resoando no Pasado é un proxecto para todos os públicos.
Audio
- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a nova programación cultural | Descargar mp3 [3]
