Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro anuncia a apertura do período de matrícula nas Casas das Linguas municipais para o curso 2024-2025

Maite Ferreiro anuncia a apertura do período de matrícula nas Casas das Linguas municipais para o curso 2024-2025

As Casas das Linguas ofertan cursos de galego, portugués, inglés, francés, alemán e linguaxe de signos.

Os horarios das aulas e os formularios para inscribirse nos distintos cursos poden atoparse no blog das casas das linguas.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Xoves, 06 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro anuncia a apertura do período de matrícula nas Casas das Linguas municipais para o curso 2024-2025

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que vén de abrir o período de inscrición nas casas das linguas para o curso 2024-2025. O período de inscricións e estenderase ata o vindeiro día 21 de xuño para as dúas Casas das Linguas municipais.

As persoas que desexen anotarse a algún dos cursos ofertados (galego, portugués, inglés, francés, alemán e linguaxe de signos) deberán presentar a documentación necesaria: fotocopia do DNI, folla de inscrición, fotografía de tamaño carné e xustificante de pago de taxas para os maiores de 14 anos, ademais da autorización familiar e fotocopia do DNI do pai, nai ou titor legal no caso das menores de idade. Cada grupo contará con 20 prazas para adultos e 15 prazas para nenas e nenos.

Entre o 27 de xuño e o 8 de xullo terá lugar o prazo de formalización de matrícula, unha vez publicadas as listaxes de admisión aos cursos, e en caso de quedar prazas vacantes, realizarase un novo procedemento entre o 20 de agosto e o 3 de setembro. As clases darán comezo o 11 de setembro e rematarán o 20 de xuño de 2025. Pode consultarse máis información no blog das casas das linguas municipais.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-anuncia-apertura-do-periodo-de-matricula-nas-casas-das-linguas-municipais-para