Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis dun millar de atletas percorrerán este domingo as rúas da cidade na XX edición da Lugo Monumental

Máis dun millar de atletas percorrerán este domingo as rúas da cidade na XX edición da Lugo Monumental

A celebración desta carreira popular de 10 quilómetros de distanza limitarán o tráfico rodado no centro histórico e en vías da súa contorna, como a Rolda da Muralla ou a avenida Ramón Ferreiro, entre as entre as 10:45 e as 13:00 h.

A organizacion regulará o tráfico e supervisará a seguridade dos participantes coa colaboración da Policia Local, que estará apoiada en puntos estratéxicos por persoal auxiliar.

“A capacidade deste circuito para aunar a práctica deportiva coa grandeza do noso patrimonio confire unha personalidade única a esta proba, que sen dúbida constitue unha importante ferramenta para promocionar a nosa cidade”, sinalou o edil de Deportes.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Cultura e Turismo,
    • Deportes
Xoves, 14 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis dun millar de atletas percorrerán este domingo as rúas da cidade na  XX edición da Lugo Monumental

O Executivo de Lara Méndez, a través da concelleria de Deportes que dirixe Jorge Bustos, organiza para o próximo día 17 a XX Edición da Carreira Popular Lugo Monumental Gran Premio CaixaBank. En total, 1116 atletas, 236 menores e 880 persoas adultas, percorreran este domingo as rúas da cidade nun circuito deseñado para pór en valor o patrimonio lucense, o que converte a esta carreira popular nunha proba única no noroeste peninsula na distancia de 10.000 metros. “A capacidade deste circuíto para aunar a práctica deportiva coa grandeza do noso patrimonio confire unha personalidade única a esta carreira popular, que, sen dúbida, constitue unha importante ferramenta para promocionar a nosa cidade na liña do traballo que levamos a cabo desde Deportes”, sinalou o edil.

A celebración desta proba limitará o tráfico rodado no Centro Histórico e en vías da súa contorna, como a Rolda da Muralla ou avenida Ramón Ferreiro, entre as entre as 10:45 e as 13:00 do domingo. Ademais, xa o sábado comezará a montaxe do percorrido, o que obligará a cortar o tramo de Ramon Ferreiro anexo á Praza da Horta do Seminario. “Como en cada edición, a seguridade dos atletas será  mellorada para incrementar a excelencia da Lugo Monumental. Deste xeito, a organización regulará o tráfico e supervisará a seguridade dos participantes coa colaboración da Policía local, que estará apoiada en puntos estratéxicos por persoal auxiliar”, indicou Bustos que animou á veciñanza a saír a rúa para animar aos participantes e gozar deste espectáculo deportivo.

Tras a celebración das categorías Pitufos, a las 11 horas, sub10  e sub 12, ás 11.10 horas, e sub 14 e sub 16, ás 11.20 horas, se lanzará a proba para pesoas adultas ás 11.30 horas. Tanto a saída como a  meta de todas as probas estará situada na  praza da Horta do Seminario.

ITINERARIO DA PROBA:

SAÍDA: na avenida Ramón Ferreiro, a altura da Praza Horta do Seminario > xiro á dereita cara a rúa Angel López Pérez > Ronda da Muralla (paso por diante da Mosquera)> Ronda da Muralla > Desvío a dereita fronte á Porta de Santiago cara a rúa Recatelo > Xiro á dereita rúa Isaac Díaz Pardo (meta voante El Progreso) > Xiro esquerda rúa Avelino Pousa Antelo > rúa Puro Cora > Praza de Aviles > xiro esquerda Avda Rodriguez Mourelo > Xiro á dereita Avenida Ramon Ferreiro (ida) > Volta á altura rúa Marina Española ( por dentro > Avda Ramon Ferreiro (volta) > 1º PASO POR LIÑA DE META > Avenida Ramon Ferreiro > xiro á dereita cara a rúa Angel López Pérez > Ronda da Muralla (paso por diante da Mosquera)> Rolda da Muralla > Desvío a esquerda entrando baixo a Porta Santiago > Subida ó Adarve da Muralla > VOLTA COMPLETA ADARVE MURALLA > Baixada do Adarve da Muralla > Praza Pio XII > Rúa Bo Xesus > Praza Sta Maria > Xiro á dereita cara Travesia Dean Fernandez Varela > Xiro á esquerda Rúa Clérigos > xiro á dereira Rúa Bispo Aguirre > Xiro á dereita Ronda Muralla > Xiro á esquerda rúa Vilalba > xiro á dereita Avda Rodriguez Mourelo (ida) > Praza Aviles > Avenida Rodriguez Mourelo (volta) > Xiro á dereita Avenida Ramon Ferreiro (ida) > Volta a altura de Mariña Española > Avenida Ramon Ferreiro (volta) > META


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-dun-millar-de-atletas-percorreran-este-domingo-ruas-da-cidade-na-xx-edicion-da-lugo