Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis dun centenar de maiores do rural lugués participarán na excursión á Illa de Arousa que organiza Benestar Social este sábado

Máis dun centenar de maiores do rural lugués participarán na excursión á Illa de Arousa que organiza Benestar Social este sábado

A iniciativa enmárcase no Programa de Animación Sociocultural promovido polo Goberno de Lara Méndez.

 
  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural
Xoves, 01 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis dun centenar de maiores do rural lugués participarán na excursión á Illa de Arousa que organiza Benestar Social este sábado

Máis dun centenar de maiores do rural lugués participarán este sábado na excusión á Illa de Arousa organizada pola concellería de Benestar Social, que dirixe a edil Olga López. Será a segunda viaxe que se realice este verán dentro do Programa de Animación Sociocultural promovido polo Goberno de Lara Méndez. A primeira tivo lugar o pásado domingo a Noia, donde os participantes puideron gozar da súa tradicional Festa da Empanada, unha das citas gastronómicas por excelencia da comarca.

“O obxectivo destas excursións é ofrecerlle ás e aos maiores unha alternativa de lecer que mesture actividade cultural, praia e gastronomía, axudándolles, ao mesmo tempo, a socializar e a vivir novas experiencias”, lembrou a concelleira.

Neste senso, esta segunda viaxe terá como destino a Illa de Arousa, onde o sábado se celebra a Festa do Polbo. “A iniciativa tivo un gran éxito entre a veciñanza do rural pois esgotáronse todas as prazas dispoñibles, o que demostra o interés xerado”, explicou Olga López.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-dun-centenar-de-maiores-do-rural-lugues-participaran-na-excursion-illa-de-arousa-que