Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 70 peticións ao servizo de intérprete de lingua de signos do Concello ao longo dos últimos sete meses

Máis de 70 peticións ao servizo de intérprete de lingua de signos do Concello ao longo dos últimos sete meses

Con esta prestación, o Concello busca garantizarlle a accesibilidades aos servizos municipais ás persoas con discapacidade sensorial e facilitarlle a súa participación na vida pública

  • Tema
    • Accesibilidade,
    • Diversidade funcional
Sábado, 13 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 70 peticións ao servizo de intérprete de lingua de signos do Concello ao longo dos últimos sete meses

Máis de 70 peticións recibiu o servizo gratuíto de intérprete de lingua de signos do Concello ao longo dos últimos sete meses. Trátase dunha prestación que leva funcionando dende 2007 e coa que o Concello, que asinou un convenio de colaboración coa Asociación Lucense de Sordos –ALUSOR-, busca garantizarlle a accesibilidade aos servizos municipais a todos os seus veciños e veciñas e facilitarlle a súa participación na vida pública. O mes que máis actividade tivo foi xuño, con 35 solicitudes.

Dito servizo, co que se pretende ademais eliminar as barreiras de comunicación como principal obstáculo para acadar a total integración, social e laboral, das persoas con discapacidade sensorial, pode solicitarse a través do Servizo de Atención Cidadá 010, no mail 010@concellodelugo.org [1], no fax 982-297-349, enviando un SMS ao número 639-107-010 ou a través dun formulario na páxina web da entidade local, www.lugo.gal [2]. Poden facelo ademais de individuos, tanto entidades públicas como privadas. Para poder prestar o servizo a solicitude deberá facerse cunha antelación mínima de 24 horas.

O Concello tamén ofrece este servizo nos actos institucionais que organiza ao longo do ano, como en diversas actividades da programación do Arde Lvcvs e do San Froilán, entre outros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-70-peticions-ao-servizo-de-interprete-de-lingua-de-signos-do-concello-ao-longo-dos

Ligazóns:
[1] mailto:010@concellodelugo.org
[2] http://www.lugo.gal