Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 2.300 atletas participarán na terceira carreira do Corre con Nós

Máis de 2.300 atletas participarán na terceira carreira do Corre con Nós

  • Tema
    • Deportes
Venres, 13 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O vindeiro domingo, 15 de febreiro, terá lugar a terceira proba do circuito
Larsa Corre con Nós organizado polo Concello de Lugo. O punto de saída e meta de
todas as categorías estará situada na propia estrada de Ombreiro no cruce coa
Ponte Nova.

Serán máis de 2.300 atletas entre maiores e pequenos os que participen nas
catro carreiras que se disputan:

- Categoría A.-  saida ás 12:00 horas cunha distancia de 600 metros
-
A continuación a categoría B percorrerán 1.600 metros
- A continuación a
categoría C  que correrán 2.600 metros
- Categoría D cunha distancia de
2.600 metros

A derradeira carreira será a da categoría Adultos con 1.273 preinscritos
engadíndose os 35 inscritos do CAMPIONATO GALEGO UNIVERSITARIO que se disputa ao
mesmo tempo aproveitando a oportunidade que lle da o Concello de Lugo á
Universidade de podelo disputar paralelamente ao Corre con Nós na distancia de
5.100 metros.

O corte da estrada de Ombreiro entre os tramos do cruce da Ponte Nova (onde
estará a saída) e a estación depuradora (onde estará situado o punto de retorno
da carreira dos adultos) será efectivo entre as 11:00 horas e as 13:30
horas.

máis información na web do Corre con Nós [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-2300-atletas-participaran-na-terceira-carreira-do-corre-con-nos

Ligazóns:
[1] http://deportes.lugo.es/correconnos/