Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 2.000 solicitudes de recollida de mobles e enseres a petición da cidadanía no que vai de ano

Máis de 2.000 solicitudes de recollida de mobles e enseres a petición da cidadanía no que vai de ano

Trátase dun servizo gratuíto que se pode solicitar a través dunha chamada a Urbaser, ao teléfono 982-25-44-83. A retirada realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Residuos
Martes, 30 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O servizo de recollida de residuos que presta o Concello recibiu máis de 2.000 solicitudes de retirada de mobles e enseres a petición da cidadanía entre xaneiro e xullo. Así o deu a coñecer o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen lembrou que se trata dun servizo gratuíto que se pode solicitar a través dunha chamada ao teléfono de Urbaser, 982-25-44-83. No momento de recibir a petición, o servizo indícalle ao cidadán o día e a hora á que pasarán a recoller os mobles ou enseres dos que que se queira desfacer. A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade. En canto ao rural, recóllense unha ou dúas veces ao mes, en relación a demanda.

Tal e como informou Piñeiro, o Concello ten en marcha este servizo para que os veciños poidan desfacerse de aqueles mobles ou enseres que xa non necesitan e para evitar o impacto visual nas rúas ou parroquias polo abandono deste tipo de resiudos.

Este é un servizo cada vez máis demandado, pois en todo o pasado ano recibíronse 3.400 solicitudes, acadando nos primeiros sete meses deste 2016 as máis de 2.000. Os meses que máis demandas ten son habitualmente xuño, setembro, decembro e xaneiro. Os cidadáns tamén poden levar os seus mobles e enseres vellos particularmente ao punto limpo do Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-2000-solicitudes-de-recollida-de-mobles-e-enseres-peticion-da-cidadania-no-que-vai-de