Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 2.000 ciclistas toman as rúas de Lugo no Día da Bicicleta

Máis de 2.000 ciclistas toman as rúas de Lugo no Día da Bicicleta

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes
Domingo, 27 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo saudou aos participantes no Día da Bicicleta

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Infraestruturas Urbanas, José Manuel Díaz Grandío, saudaron esta mañá aos participantes no Día da Bicicleta, no que tomaron parte máis de 2.000 ciclistas. O Concello colabora con esta iniciativa que ten por obxecto concienciar á cidadanía da importancia dunha mobilidade e medios de transporte máis sostibles e respectuosos co medio ambiente. A xornada, que comezou ao redor das 12:00 horas na Praza Maior, discorreu por  varias rúas da cidade para terminar no Centro Comercial As Termas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-2000-ciclistas-toman-ruas-de-lugo-no-dia-da-bicicleta