Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 200 lucenses participaron nas excursións organizadas polo Concello a Cariño, Ourense, Ferrol e San Cibrao

Máis de 200 lucenses participaron nas excursións organizadas polo Concello a Cariño, Ourense, Ferrol e San Cibrao

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística
Xoves, 17 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 200 lucenses participaron nas excursións organizadas polo Concello a Cariño, Ourense, Ferrol e San Cibrao

Máis de 200 veciños e veciñas de Lugo participaron nalgunha das catro excursións con saída dende a cidade que foron organizadas pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira, dentro da programación de actividades de animación sociocultural deste verán. As viaxes tiveron como destino Cariño, con parada en Vimianzo; Ourense, con parada en Monforte; Ferrol, con parada nas Pontes; e San Cibrao, con parada en Mondoñedo. Precisamente, esta última saída tivo lugar hoxe. Ana González Abelleira desprazouse esta mañá ao punto de saída, a praza de Bretaña, para despedir ao medio cento de viaxeiros, amosándose satisfeita pola gran acollida que tivo un ano máis esta iniciativa de lecer.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-200-lucenses-participaron-nas-excursions-organizadas-polo-concello-carino-ourense