Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 1.500 persoas participan na sétima edición da Festa dos Maiores organizada polo Concello de Lugo

Máis de 1.500 persoas participan na sétima edición da Festa dos Maiores organizada polo Concello de Lugo

  • Tema
    • Igualdade
Xoves, 01 de outubro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo celebrou hoxe, con motivo do Día Internacional da Terceira Idade, a Festa dos Maiores. Nesta xornada festiva que se celebrou no parque da Milagrosa participaron máis de 1.500 persoas.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, acompañaron aos participantes neste evento organizado polo Concello co obxectivo de reivindicar o dereito das persoas maiores a divertirse, a ser atendidas e ser respetadas; sobre todo nunha cidade como Lugo que preto do 20% da poboación ten máis de 65 anos.

A festa, que se prolongou ao longo de todo o día, foi amenizada pola orquestra Acordes.

Ás 14.00 horas celebrouse o xantar, cun menú de 9 euros composto por entrantes, polbo a feira con cachelos, pan, viño, auga, postre e café.

Os matrimonios que cumpriron as súas bodas de ouro este ano e as persoas que cumpren cen anos ou máis tamén en 2009, tiveron un agasallo nesta xornada.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-1500-persoas-participan-na-setima-edicion-da-festa-dos-maiores-organizada-polo