Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 150 atletas participarán no XX Duatlón Cidade de Lugo memorial Alejandro López

Máis de 150 atletas participarán no XX Duatlón Cidade de Lugo memorial Alejandro López

  • Tema
    • Deportes
Venres, 09 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo patrocina o XX Duatlón Cidade de Lugo memorial Alejandro López que organizan a Federación Galega de Tríatlon, o Clube Tríatlon Cidade de Lugo Fuvial e a Asociación Deportiva FeFeMe.

A proba, que terá lugar o vindeiro domingo 11 de abril, contará coa participación de máis de 150 atletas (134 homes e 18 mulleres). Entre os participantes destacan: o triatleta internacional David Castro (Cidade de Lugo Fuvial), o deportista clasificado para os xogos olímpicos da xuventude Diego Paz (Club de Atletismo Porriño), a campiona de España cadete 2009 de duatlón e tríatlon Camila Alonso ( Triatlon Ferrol) e a triatleta internacional Cristina Azanza (Cidade de Lugo Fuvial).

Participarán corredores das seguintes categorías: cadete, junior, sub-23, veterano, absoluta e por clubes. Os participantes disputarán a modalidade Sprint percorrendo 5 quilómetros de carreira a pé, 20 quilómetros en bicicleta e 2´5 quilómetros de carreira a pé.

O horario das carreiras que sairán das inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos será o seguinte:

Ás 10:00 Saída masculina B.
Ás 11:15 Saída feminina.
Ás 11:30 Saída masculina Elite.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-150-atletas-participaran-no-xx-duatlon-cidade-de-lugo-memorial-alejandro-lopez