Máis de 1.200 prazas dispoñibles para os cursos de natación de nenos e adultos nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras
Os interesados nestes cursos, que terán lugar de abril a xuño, poden inscribirse ata o vindeiro venres 4 de marzo, na propia piscina na que desexen practicar natación
- Tema
- Deportes,
- Natación
O Concello de Lugo ten aberto o prazo de inscrición para matricularse nos cursos de natación para nenos e adultos que se impartirán nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras dende abril a xuño. Así o avanzou este mércores o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen lembrou que “o prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro venres, 4 de marzo, en ambas as dúas piscinas. As persoas interesadas deberán inscribirse na piscina na que desexen practicar natación”. Posteriormente, do 10 ao 15 de marzo, estará aberto o prazo de matrícula. Todos os trámites de matriculación deberán facerse nas dependencias administrativas da piscina de Frigsa.
“O Concello oferta máis de 1.200 prazas para os cursos de natación, 954 na piscina de Frigsa e 256 na das Pedreiras”, anunciou Fernández, quen lembrou que para adultos, o Concello ofrece 503 prazas en Frigsa e 147 nas Pedreiras, e para os máis cativos, 451 e 109, respectivamente.
O custe mensual dos cursos para adultos será de 22,90 euros pola asistencia dous días á semana e 30,50 euros por tres días. Para os nenos e nenas, o custe mensual de dous días á semana é de 18,40 euros e 24,60 euros para tres días semanais. As clases terá unha duración de 40 minutos.
Toda a información sobre horarios está dispoñible na páxina web www.lugo.gal [1] ou no teléfono de información cidadá 010.
Audio
- Miguel Fernández, sobre os cursos de natación | Descargar mp3 [2]
Adxuntos
- Oferta terceiro trimestre As Pedreiras | Descargar pdf [3]
- Oferta terceiro trimestre Frigsa | Descargar pdf [4]