Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 120 persoas participarán no segundo Foro de Cidades Dixitais de Galicia

Máis de 120 persoas participarán no segundo Foro de Cidades Dixitais de Galicia

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo acollerá os días 26 e 27 de abril o II Foro de Cidades Digitales de Galicia, para o que xa están inscritas 118 persoas, nun evento qu eten como capacidade máxima 125 perosas.

Este foro englóbase dentro dos programas Lugo Dixital e Lugo Singular e conta coa participación de distintas cidades, as que xa teñen o distintivo de cidades dixitais, como Lugo, e as que están en proxecto ou xa en marcha.

Entre as cidades dixitales participantes están Vigo, A Estrada, Cantabria, Avilés e Leganés mentres que as que están en proxecto presentes son Alcobendas, A Coruña e Segovia. Asimesmo, participarán Vilalba e As Pontes como vilas dixitais invitadas.

O programa desenvolverase o xoves e o venres no Gran Hotel. O xoves o horario será de nove e media a oito da tarde cunha cea de gala ás dez. O venres será só en horario de mañá e será clausurado polo Alcalde de Lugo, José López Orozco.

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, destacou a importancia deste evento, que traerá a Lugo a representantes de cidades de toda España e aos máis importantes coñecedores desta dinámica de cara á dixitalización.

A inscrición e a consulta sobre este foro pode facerse a través da web www.forocidadesdixitais.com [1] ou chamando aos números de teléfono 902 197 805 ou 982 242 563.

Luisa Zarzuela lembra que nos últimos tres anos está a desenvolverse o proxecto Lugo Dixital, que mantén un orzamento de máis dun millón e medio de euros e que foi ampliado co Lugo Singular, que conta cun orzamento similar.

Este proxecto contempla numerosas actuacións que xa están en marcha como o equipamento en infraestruturas do Concello para levar adiante o proxecto, a creación do portal e da plataforma de portales do Concello, o programa Abred e a tarxeta cidadá, entre outras. De feito, nos próximos días dará comezo un programa formativo polos barrios, destinado a persoas maiores.

O programa Cidades Dixitales está promovido polo ministerio de Industria, Turismo e Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia e a través da Secretaría Xeral de Comunicación e o Concello de Lugo.

Este foro de cidades dixitais pretende promocionar proxectos e experiencias de telecomunicacións e de sociedades da información das diferentes cidades dixitais galegas e doutras invitadas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-120-persoas-participaran-no-segundo-foro-de-cidades-dixitais-de-galicia

Ligazóns:
[1] http://www.forocidadesdixitais.com