Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A maioría dos lucenses valora positivamente que o portal web municipal permita cada vez máis xestións on-line

A maioría dos lucenses valora positivamente que o portal web municipal permita cada vez máis xestións on-line

Mércores, 23 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo realizou unha enquisa on-line sobre a opinión dos lucenses sobre o novo portal web www.lugo.es [1]. A maioría dos participantes (case o 40%) valoran moi positivamente que cada vez permita máis xestións on line.
 
Para o 22,06% dos participantes (con 47 votos) o novo portal é máis útil e claro, mentres que o 16,43%% dos internautas (con 35 votos) opinan que ten máis contido e un deseño máis limpo.

So o 15,02% pensa que non era necesario o cambio.
 
Nesta enquisa, que permaneceu activa entre o 27 de maio e o 23 de xullo, participaron un total de 214 persoas a través de www.lugo.es [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maioria-dos-lucenses-valora-positivamente-que-o-portal-web-municipal-permita-cada-vez-mais

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es