Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A maioría dos lucenses considera que xa fai o que está nas súas mans para mellorar o medio ambiente segundo unha enquisa do portal www.lugo.es

A maioría dos lucenses considera que xa fai o que está nas súas mans para mellorar o medio ambiente segundo unha enquisa do portal www.lugo.es

Luns, 26 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O portal web municipal realizou unha enquisa sobre a disposición dos lucenses para modificar os seus hábitos en pro da mellora do medio ambiente, entre o 5 e o 26 de maio, na que participaron un total de 204 persoas.

Segundo os resultados obtidos neste sondeo, que propuxo cinco opcións de resposta, o 46,56% dos lucenses considera que xa está a facer todo o que está nas súas mans para a defensa do medio ambiente.

O 24,50% dos participantes  está dispostosto a separar os residuos para reciclar, mentres que o 13,72% baixaría o consumo de enerxía no seu fogar. Deixar o coche na casa e optar por outro tipo de transporte máis ecolóxico é a opción do 13,23% dos votantes. Só o 1,960% deixaría de regar o xardín.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/maioria-dos-lucenses-considera-que-xa-fai-o-que-esta-nas-suas-mans-para-mellorar-o-medio