Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo10 recupera, dez anos despois, a representación AULULARIA

Lugo10 recupera, dez anos despois, a representación AULULARIA

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 07 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A comedia de Plauto representarase o 16 de outubro as 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire, e a entrada será de balde

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, xunto coa Presidenta da Asociación Teatral Achádego, Tareixa Campos, e o Director da obra AULULARIA, Antón Sampaio, presentaron hoxe a vindeira representación do grupo de teatro Achádego, incluida no programa de actos de conmemoración do Décimo Aniversario, Lugo10.

Hai dez anos que o grupo de teatro Achádego representaba a comedia de Plauto AULULARIA, e hai dez anos que a Muralla de Lugo conseguiu a distinción de Patrimonio Mundial. Deste xeito, o grupo de teatro lucense quixo participar nesta celebración, e representará, dez anos despois, a mesma obra.

A cita será no Auditorio Gustavo Freire o 16 de outubro as 20.30 horas e a entrada será de balde ata completar aforo.

www.lugo10.es [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo10-recupera-dez-anos-despois-representacion-aulularia

Ligazóns:
[1] http://www.lugo10.es