Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo10 achega á cidade o espectáculo La noche de Muchachada Nui do humorista Joaquin Reyes

Lugo10 achega á cidade o espectáculo La noche de Muchachada Nui do humorista Joaquin Reyes

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 23 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo continúa coa programación da celebración do Décimo Aniversario da Declaración da Muralla como Patrimonio Mundial. Nesta ocasión tócalle o turno ao humorista Joaquín Reyes que o 26 de marzo representará na cidade o espectáculo La noche de Muchachada Nui.

Joaquín Reyes é o actor principal, director e guionista de Muchachada Nui, o programa televisivo de La 2 que significou unha auténtica revolución no humor nacional. Nestes momentos, é un éxito na televisión, en DVD e as imaxes en Internet das tres primeiras temporadas. Unha linguaxe fresca e especial que comanda Joaquín, actor tamén no televisivo "Cámera Café".

As entradas para asistir ao espectáculo están xa á venda na taquilla telefónica de Caixanova 902 504 500 e na web www.caixanova.es [1] a un prezo de 18 euros na zona A, 16 euros na B e 14 na C.

Web de Lugo10 [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo10-achega-cidade-o-espectaculo-la-noche-de-muchachada-nui-do-humorista-joaquin-reyes

Ligazóns:
[1] http://www.caixanova.es
[2] http://www.lugo10.es