Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo vive o día do se patrón entre a ofrenda floral, actuacións musicais e fogos artificiais

Lugo vive o día do se patrón entre a ofrenda floral, actuacións musicais e fogos artificiais

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Música,
    • Programación cultural
Xoves, 05 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo vive o día do se patrón entre a ofrenda floral, actuacións musicais e fogos artificiais

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este xoves a tradicional ofrenda floral da Corporación Municipal ao patrón de Lugo, San Froilán, nun acto que tivo lugar a partir das 12:00 horas. Previamente, a rexedora, quen lle feliciou as festas aos veciños e veciñas e os invitou a seguir disfrutando dos espectáculos e de facer cidade nas rúas, acompañada por distintos concelleiros e concelleiras, desprazáronse en comitiva dende a Casa Consistorial ata a Catedral, ao ritmo da música do grupo Raíces do Campo e a Banda Municipal de Lugo.

Ao longo da tarde, os grupos Os Valuros e Devandoira infantil amenizarán as rúas de Lugo. A Praza Horta do Seminario acollerá o concerto do lugués Edgar Bao, finalista de La Voz Kids, cos invitados Mónica Maranillo, Sara Deop e Carlos Alfredo; e a de Santa María volcarase con Rosa Cedrón, a partir das 21:30 horas. Na Praza Maior será a quenda da orquestra Costa Dorada, e a partir das 23:00 horas, os Djs Galician Army, Manu Chady, Dr Think, Frisco e Marcos Peón poñerán o broche de ouro ao día grande de Lugo. Os fogos artificiais, tamén a partir das 23:00 horas, serán os encargados de darlle cor ao día do San Froilán.

Para mañá venres, o Concello ten preparadas as actuacións das charangas Ardeyukú, o grupo Rachel & The Blue Batons, Pésnaterra e Aririños da Freba, A Excusa,  Capercaillie, Abrahán Cupeiro, Wöyza, con Youngmuzic, Akatsukim Happy, Sad González e Gaara como artistas convidados, Guadi Galego, DVacas e Breixa Band.

  • Máis información en www.sanfroilan.info [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-vive-o-dia-do-se-patron-entre-ofrenda-floral-actuacions-musicais-e-fogos-artificiais

Ligazóns:
[1] http://www.sanfroilan.info