Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo vestiuse de primavera este sábado grazas a unha iniciativa do Concello e Asociación de Autónomas

Lugo vestiuse de primavera este sábado grazas a unha iniciativa do Concello e Asociación de Autónomas

Lara Méndez, Ana Prieto e Marta López asistiron no Vello Cárcere aos actos que achegaron o mellor da moda, complementos, calzado ou bisutería do comercio lucense

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Comercio,
    • Autónomos
Sábado, 13 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo vestiuse de primavera este sábado grazas a unha iniciativa do Concello e Asociación de Autónomas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a presidenta da Asociación de Autónomas, Marta López, asistiron este sábado no Vello Cárcere aos actos enmarcados na iniciativa Lugo vístese de primavera. A este evento, que foi presenciado por numeroso público, tamén asistiron membros da Corporación Municipal.

Esta actividade, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Autónomas de Lugo, ten a finalidade de reactivar o comercio lucense. Nela participaron ao redor dunhas noventa tendas da cidade.

Tralo éxito da iniciativa de Comercio na rúa - Street Market, que se leva realizando dende fai uns anos, a entidade local puxo en marcha esta nova iniciativa, coa que se dinamiza o comercio de Lugo cun desfile de moda, un concerto e unha exposición.

No desfile de moda participaron unhas vinte tendas de Lugo e o concerto foi a cargo de En clave de fado. Tamén houbo unha zona infantil e sorteos. Con estas actividades tamén se quixo dar a coñecer o recinto do edificio do Vello Cárcere.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-vestiuse-de-primavera-este-sabado-grazas-unha-iniciativa-do-concello-e-asociacion-de