Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo sumouse ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Lugo sumouse ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade

  • Tema
    • Asociacións sociais,
    • Accesibilidade,
    • Inclusión,
    • Diversidade funcional
Venres, 01 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo sumouse ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con outros membros da Corporación Municipal e autoridades,  participaron este vernes na lectura do manifesto polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ao que asistiron tamén directivos e persoas usuarias de distintas entidades sociais que desenvolven o seu labor en Lugo.

O encargado de ler o manifesto foi o Presidente de Asorlu, Brais Vila, no que se considera a accesibilidade como universal, como ben social básico, que debe ser promovido e estar amparado e protexido polos poderes públicos, e respectado e despregado por todos os operadores, axentes e particulares da vida en comunidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-sumouse-ao-dia-internacional-das-persoas-con-discapacidade