Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo sitúase na media galega de recollida selectiva de envases, con 16 quilos por habitante, e traballa con Ecoembes para seguir mellorando estes datos

Lugo sitúase na media galega de recollida selectiva de envases, con 16 quilos por habitante, e traballa con Ecoembes para seguir mellorando estes datos

A alcaldesa mantivo unha reunión técnica na que se presentaron novas accións e proxectos para concienciar da correcta separación dos residuos

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Residuos
Mércores, 07 de outubro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo sitúase na media galega de recollida selectiva de envases, con 16 quilos por habitante, e traballa con Ecoembes para seguir mellorando estes datos

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión de carácter técnico con Bruno de Llano Gómez-Ulla, representante de Ecoembes en Galicia, e co xefe do Servizo de Medio Ambiente do Concello, Miguel Negral, na que se presentaron novas accións e proxectos para mellorar a recollida de residuos e impulsar a correcta separación dos envases na cidade.

As propostas presentadas concretaranse nos próximos días, co obxectivo de seguir facilitando a correcta separación dos residuos e fomentar a colaboración da cidadanía.

A recollida media de envases en Galicia sitúase en 16 quilos por habitante, e Lugo atópase actualmente nesa mesma media. O obxectivo do Concello é seguir mellorando estes datos e avanzar na recollida selectiva de envases na cidade.

O Concello de Lugo continuará traballando nesta liña para mellorar a recollida, fomentar a reciclaxe e contribuír a manter unha cidade máis limpa e sostible.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-situase-na-media-galega-de-recollida-selectiva-de-envases-con-16-quilos-por-habitante-e