Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo recorda as vítimas dos accidentes de tráfico cunha concentración

Lugo recorda as vítimas dos accidentes de tráfico cunha concentración

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Tráfico
Luns, 20 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo recorda as vítimas dos accidentes de tráfico cunha concentración

A Corporación municipal, coa Alcaldesa, Lara Méndez, á fronte, participou nos actos conmemorativos polo Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, consistentes nunha concentración e a lectura dun manifesto diante da Xefatura Provincial de Tráfico baixo o lema Mortes que poden evitarse. Esta data conmemórase dende hai doce anos, cando a Asemblea Xeral de Nacións Unidas invitou a todos os estados membros e á comunidade internacional a recoñecer o terceiro domingo de novembro como o Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico, en homenaxe aos falecidos -1,25 millóns de persoas ao ano en todo o mundo- e aos feridos nas estradas, e aos seus familiares.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-recorda-vitimas-dos-accidentes-de-trafico-cunha-concentracion