Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo recibe ao Apalpador no soto da Praza de Abastos

Lugo recibe ao Apalpador no soto da Praza de Abastos

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua colaborou coa actividade organizada dentro da programación de Nadal da Tenencia de Alcaldía

Integrantes de diferentes colectivos participaron na actividade organizada para recibir ao Apalpador

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Sábado, 20 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo recibe ao Apalpador no soto da Praza de Abastos

A Benvida ao Apalpador comezou ás 17:30 horas, con dúas ruadas musicais por distintos puntos do casco histórico. Tras estas actividades, e xa na Praza de Abastos, as crianzas asistentes puideron desfrutar de obradoiros a cargo de Trécola Produccións e da Asociación Antonio Gandoy, e dos Cantos de Nadal de Branca Villares e Troupelear. A actividade contará con outro obradoiro a cargo de oXeito a partir das 19:00 e coa chegada do apalpador ás 19:30 e o remate da actividade ás 19:30 coa actuación musical da Tradescola.

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, destacou "a importancia desta actividade no importante traballo de promocionar e recuperar os elementos culturais da nosa terra" e agradeceu a Madia Leva, A Mesa pola Normalización Lingüística, A Volta do Agro, Semenente, Asociación Antonio Gandoy, oXeito, a Hedreira, Tradescola, Trécola e Cántigas e Frores a súa implicación con este proxecto.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-recibe-ao-apalpador-no-soto-da-praza-de-abastos