Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo, presente en Bruxelas na presentación da campaña En negro contra as violencias, da que forman parte, por segundo ano, Concello e Deputación

Lugo, presente en Bruxelas na presentación da campaña En negro contra as violencias, da que forman parte, por segundo ano, Concello e Deputación

Ana González e Sonsoles López desprazáronse a Bruxelas para a presenación de dita campaña, que actualmente a comoñen 63 concellos e 3.095 establecementos e axentes sociais en Galicia, uns 300 na cidade luguesa

  • Tema
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Violencia de xénero
Martes, 07 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo, presente en Bruxelas na presentación da campaña En negro contra as violencias, da que forman parte, por segundo ano, Concello e Deputación

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González, e a  Deputada de Promoción Económica e Social, Emprego, Benestar e Igualdade, Sonsoles López, participaron este martes, no Parlamento Europeo, na presentación da campaña En negro contra as violencias, á que ambas institucións se sumaron no pasado ano co obxecto de visibilizar a lacra da violencia machista a sociedade.  Este ano ambas intitucións reeditan o compromiso con este proxecto, do que actualmente forman parte 63 Concellos de Galicia e 3.095 establecementos e axentes sociais, uns 300 na cidade luguesa.

Na axenda de actividades, ademais da presentación desta campaña, a Concelleira e Deputada, xunto con representantes douras entidades locais, mantiveron unha xuntanza coa Presidena da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero, Vilija Blinkeviciute. Ademais, tiveron distintos encontros con eurodipuados e eurodiputadas especialistas nesta materia.

Audio

  • Ana González, sobre a campaña En negro contra as violencias | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-presente-en-bruxelas-na-presentacion-da-campana-en-negro-contra-violencias-da-que-forman

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/071117_ana_abelleira_-_parlamento_europeo.mp3