Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo incorpora tres novos oficiais ao plantel da Policía local

Lugo incorpora tres novos oficiais ao plantel da Policía local

Miguel Fernández animou aos funcionarios incorporados a “exercer a súa función con responsabilidade, proximidade e vocación de servizo público” ao tempo que puxo en valor a seguridade que leva ás rúas de Lugo o traballo policial.

Con estas incorporacións, o Goberno local reafirma a súa aposta por reforzar os recursos humanos en materia de seguridade, mellorando a capacidade operativa e de resposta da Policía Local.

“Lugo é unha cidade segura. Non é unha opinión, así o avalan as estatísticas. E este logro é posible grazas, en gran medida, ao traballo conxunto que leva a cabo a nosa policía co resto de forzas e corpos de seguridade”, apuntou Fernandez.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público,
    • Servizos xerais
Xoves, 17 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo incorpora tres novos oficiais ao plantel da Policía local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá no salón de recepcións do Concello o acto de toma de posesión de tres novos oficiais da Policía local, que acceden ao cargo tras superar o correspondente proceso selectivo. Durante a súa intervención, o rexedor destacou “o compromiso do goberno local por seguir fortalecendo o corpo de Policía Local con profesionais ben preparados, que garantan a seguridade, a convivencia e a proximidade coa cidadanía”.

Fernández felicitou persoalmente aos novos oficiais, a quen animou a “exercer a súa función con responsabilidade, proximidade e vocación de servizo público”. Así mesmo, puxo en valor o traballo diario de todo o corpo de policía e o seu papel fundamental na estrutura de servizos municipais. “Lugo é unha cidade moi segura. Non é unha opinión, así o avalan os datos e as estatísticas. E este logro é posible grazas, en gran medida, ao traballo conxunto que leva a cabo a nosa policía co resto de forzas e corpos de seguridade”, apuntou Fernandez.

“Parabéns por este merecido ascenso. Para nós, continuar completando o organigrama da Policía local é unha prioridade e se ademais, como é o caso, é co ascenso e incorporación de xente nova que  aoprta moita formación, moitas ganas e unha grande vocación de servizo, é ainda un orgullo maior”, proseguíu o rexedor.

Con estas incorporacións, o Concello reafirma a súa aposta por reforzar os recursos humanos en materia de seguridade, mellorando a capacidade operativa e de resposta da Policía Local fronte aos retos do día a día. O acto concluíu coa firma oficial da toma de posesión e a felicitación institucional por parte do equipo de goberno.

Audio

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre a acto de toma de posesión de tres novos oficiais da Policía local | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-incorpora-tres-novos-oficiais-ao-plantel-da-policia-local

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/170725_tomaposeisontresagentes_miguelfernandez.mp4