Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo homenaxea este mércores a súa primeira corporación democrática no seu 40 aniversario

Lugo homenaxea este mércores a súa primeira corporación democrática no seu 40 aniversario

A Alcaldesa presidirá a homenaxe, que terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial, ás 20:00 horas

  • Tema
    • Alcaldía
Luns, 06 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo organiza este mércores, 8 de maio, un acto institucional de homenaxe á primeira corporación municipal do período democrático, no 40 aniversario da súa elección.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidirá a homenaxe a quen formou parte da Corporación lucense naquel primeiro mandato, que terá no Salón de Plenos da Casa Consistorial, ás 20:00 horas. Con este acto de memoria farase un recoñecemento á contribución dos primeiros concelleiros da transición democrática á adminsitración local, que fixeron posible que hoxe Lugo sexa o que é.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-homenaxea-este-mercores-sua-primeira-corporacion-democratica-no-seu-40-aniversario