Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo goza do día do patrón con diversidade musical e un espectáculo piromusical

Lugo goza do día do patrón con diversidade musical e un espectáculo piromusical

A Alcaldesa presidiu esta mañá a tradicional ofrenda floral da Corporación a San Froilán

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Venres, 05 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo goza do día do patrón con diversidade musical e un espectáculo piromusical

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este venres a tradicional ofrenda floral da Corporación Municipal ao patrón de Lugo, San Froilán, nun acto que tivo lugar a partir das 12:00 horas. Previamente, a rexedora, quen lle feliciou as festas aos veciños e veciñas e os convidou a disfrutar dos espectáculos e de facer cidade nas rúas, acompañada por distintos concelleiros e concelleiras, desprazáronse en comitiva, xunto aos Campeiros de San Xoán do Campo, dende a Casa Consistorial ata a Catedral.

Ao longo da tarde, as chrangas A Excusa, Garrafón.com, Airiños de Orbazai, Os Festicultores e Louband amenizarán as rúas de Lugo. A Praza Maior acollerá unha verbena d`antes, a Horta do Seminario, o concerto de LA MODA, a de Santa María un espazo hip hop e a de Santa María, o concerto de Zenet. Un espectáculo piromusical e videomaping será o encargado de darlle luminosidade ao día do San Froilán.

Mañá sábado, Día de Ferrol, o Concello ten preparados os pasarrúas de Antaruxas e Sorteiros, Son do Miño, Fábrica de Sons, West Side Bones, Arrincadeira Folk e Treboada. A noite estará nas mans de Hombres G, Javiera Mena, a orquestra La Favorita e os Djs de Galician Army, Manu Chady, Frisco & Marcos Peón.

Máis información en www.sanfroilan.info [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-goza-do-dia-do-patron-con-diversidade-musical-e-un-espectaculo-piromusical

Ligazóns:
[1] http://www.sanfroilan.info/