Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo garda un minuto de silencio polas máis de 80 víctimas do atentado de Niza

Lugo garda un minuto de silencio polas máis de 80 víctimas do atentado de Niza

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Solidariedade
Venres, 15 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo garda un minuto de silencio polas máis de 80 víctimas do atentado de Niza

A Corporación Municipal de Lugo, xunto a Deputados Provinciais, gardaron este venres un minuto de silencio diante da Casa Consistorial, onde ondean as bandeiras a media hasta, como sinal de condena ao atentado terrorista acontecido esta noite en Niza, no que perderon a vida máis de 80 persoas. O voceiro municipal, Miguel Fernández, denunciou “esta sen razón que non conduce a nada”, e mostrou a solidariedade do pobo de Lugo co pobo francés. “Feitos como este o único que conseguen é que os demócratas afrontemos conxuntamente unha solución para paliar este tipo de violencia” subliñou Fernández.

Audio

  • Miguel Fernández, voceiro municipal | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-garda-un-minuto-de-silencio-polas-mais-de-80-victimas-do-atentado-de-niza

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/150716_fernandez-niza.mp3