Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo é pioneiro no programa de compostaxe que poñen en marcha o Concello e Sogama

Lugo é pioneiro no programa de compostaxe que poñen en marcha o Concello e Sogama

  • Tema
    • Urbanismo
Martes, 08 de abril de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco; o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e o Presidente de Sogama, Luis Lamas, presentaron hoxe o comezo do programa de compostaxe que se desenvolverá na zona rural de Lugo grazas á colaboración do Concello e de Sogama.

No acto, que tivo lugar na Casa do Concello, estiveron presentes varios dos veciños e veciñas que solicitaron participar no programa de compostaxe, ós que se lles entregarán ata un máximo de 100 composteiros, a metade deles cedidos por Sogama e a outra metade aportados polo Concello grazas á colaboración da empresa Urbaser.

Lugo é a primeira das grandes cidades galegas na que se pon en marcha este programa para favorecer a compostaxe, no que participarán tanto veciños da zona rural como residentes en urbanizacións ou na cidade que teñen unha segunda vivenda.

O Alcalde explicou que o Concello acolleu con moito interese o ofrecemento de Sogama para participar nesta iniciativa xa que o 80% do territorio de Lugo é rural e case 10.000 veciños viven nas 54 parroquias e 318 múcleos de poboación da zona rural.

Tamén salientou López Orozco que os participantes no programa aprenderán a perfeccionar unha técnica que se usaba de toda a vida na zona rurao pero neste caso “farase compost dun xeito máis científico, porque contamos coa axuda que lles van prestar de técnicos de Sogama e do Concello”.

Ademais, o Alcalde manifestou que coa producción do compost axúdase a diminuir a recollida de residuos orgánicos ó tempo que se contribúe á conservación do medio ambiente.

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente destacou que a demanda de persoas dispostas a participar nesta iniciativa novedosa foi superior á oferta inicial de 50 composteiros, entregados por Sogama, polo que o Concello decidiu atender toda a demanda existente e, con este fin, adquiríronse outros 50 composteiros en colaboración coa empresa Urbaser. 

Pola súa parte, o Presidente de Sogama agradeceulle a Lugo a súa participación no programa de compostaxe e salientou que é a única grande cidade galega que se sumou a ela.

Tamén plantexou como reto que este programa teña continuidade o ano que vén e propuxo a posta en marcha dalgún composteiro comunitario.

Para levar a cabo o programa, nesta primeira, os participantes disporán dos composteiros, que reparten nesta semana xunto con un manual con instruccións para a elaboración do compost. Ademais proporcionaráselles formación e técnicos municipais e de Sogama encargaránse de supervisar a boa marcha desta aprendizaxe.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-e-pioneiro-no-programa-de-compostaxe-que-ponen-en-marcha-o-concello-e-sogama